Corre o derradeiro terzo do
século XIX e Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda
parte da súa obra máis senlleira, O kapital, cando lle rouban parte do
manuscrito. Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta Curros
Enríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de
Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso e cultura, emprega- rán
todas as súas habelencias para resolver este misterio que os levara, nunha
apaixonante aventura, polas perigosas e misteriosas rúas do Londres vitoriano.




