Na torre da illa de Toralla, en
plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha
crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas,
inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo
na comisaría, interven nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se
achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, e un
aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter
demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o
ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmósfera tensa e afectada da
alta burguesía viguesa. Novela policial salferida de humor e con grandes doses
de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma
Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xenero negro desde Europa cunha
obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica
da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia
da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía,
unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.
