Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o
artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926,
Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións
consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento
únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha
experiencia única.
No hay comentarios:
Publicar un comentario