Neste libro non atoparemos
compracencia, nin optimismo, nin autoaxuda, nin moito menos un alter ego amable
co autor. Dende a primeira páxina, e afondando no acontecer colectivo de xeito
minucioso e descarnado, a obra convida a reflexionar encol daquilo que está e
preferimos ignorar. Aquilo que nos empece, que nos torna mediocres e apáticos.
Que nos humilla como individuos e como sociedade porque nos fai indignos de nós
mesmos. Un espello no que contemplar a nosa faciana máis censurable.