domingo, 25 de noviembre de 2018

Tito Pérez Pérez - Vinte fragmentos de mocidade voraz


Neste libro non atoparemos compracencia, nin optimismo, nin autoaxuda, nin moito menos un alter ego amable co autor. Dende a primeira páxina, e afondando no acontecer colectivo de xeito minucioso e descarnado, a obra convida a reflexionar encol daquilo que está e preferimos ignorar. Aquilo que nos empece, que nos torna mediocres e apáticos. Que nos humilla como individuos e como sociedade porque nos fai indignos de nós mesmos. Un espello no que contemplar a nosa faciana máis censurable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario